Dante Vaglieri, nado en Trieste o 31 de maio de 1865 e finado en Roma o 12 de decembro de 1913, foi un arqueólogo, epigrafista e numismático italiano, profesor de Epigrafía Romana na Universidade de Roma.

Foi director do Museo Nacional Romano; participou nas escavacións do Outeiro Palatino e dirixiu as de Ostia Antica.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Dante Vincenzo Vaglieri naceu en 1865 en Trieste,"I Grandi Numismatici Italiani: Dante Vaglieri". Società Numismatica Italiana (socnmumit.com)."Dante Vaglieri". En Rivista italiana di numismatica. Società numismatica italiana. Vol. XXVII. 1914. Páxina 132."Dante Vaglieri (1865 - 1913)". Geni.com unha vila que daquela formaba parte do Imperio Austríaco. Antes de ser italianizado, o seu apelido familiar era Varglien. Era fillo da profesora de bordado de Trieste Rosalia Busetto e do tipógrafo de Zadar Biaggio Varglien. Na súa infancia finaron tanto o seu pai, en 1879, como os seus catro irmáns."Dante Vaglieri (1865-1913)". Ostia-antica.orgDelpino, F. (2020).

Entre 1875 e 1876 asistiu á escola de secundaria municipal de Trieste. Logo comezou os seus estudos superiores de Filoloxía Clásica e Arqueoloxía Clásica en 1883 na Universidade de Viena, e en 1885, motivado en parte polo seu sentimento de italianidade, trasladouse á Universidade de Roma, onde en 1887 se graduou de Epigrafía Latina e Antigüidades Romanas. En ambas as universidades tivo varios profesores que foran formados en Berlín por Theodor Mommsen.

Carreira profesional e como erudito Logo do seu período formativo, traballou inicialmente cun dos seus profesores en Roma, Ettore de De Ruggiero, que daquela dirixía o Museo delle Terme —despois chamado Museo Nacional Romano—, un museo a cuxa dirección Vaglieri accedeu en 1901."Dante Vaglieri". En American Journal of Archaeology. 1914. Vol. 18. 1914. Páxina 88. Baixo o seu mandato, o seu prinicipal logro foi a organización da súa colección numismática e o establecemento dunha biblioteca. Antes diso, en 1896 convertérase en viceinspector e en 1897 en inspector de Museos, Galerías e Escavacións.

En 1889 naturalizouse italiano e rexistrouse no Rexistro Civil de Roma co apelido dobre Varglien Vaglieri, aínda que non consta que o utilizase en ningunha ocasión.

Logo de exercer un cargo no Ministerio de Instrución Pública e de participar en varias misións arqueolóxicas en Exipto e Montenegro, en 1903 foi nomeado profesor extraordinario de Epigrafía Romana na Universidade de Roma e volveu ao seu posto no museo, aínda que cesou en 1906 como consecuencia dunhas acusacións de irregularidades na súa xestión.

No propio 1906 pasou a dirixir a Oficina para as Escavacións e Descubertas da Antigüidade, que se encargou a partir do ano seguinte das escavacións no Outeiro Palatino, e logo de novas acusacións de irregularidades,Olivanti, P. (2002). "Dante Vaglieri alla direzione degli scavi di Ostia Antica (1908-1913)". En Acta Instituti Romani Finlandiae. Vol. 27. Institutum Romanum Finlandiae. entre 1908 e 1913 dirixiu as de Ostia Antiga.Carcopino, J. (1911). "Fouilles de M. Vaglieri à Ostie". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 55-6. Páxinas 434-435.

En abril de 1910 accedeu ao posto de profesor titular de Epigrafía Romana na Universidade de Roma.

Entre 1890 e 1913 converteuse en membro correspondente de varias entidades e institutos arqueolóxicos estranxeiros, en países como Alemaña, Grecia, Austria, Exipto ou Romanía, e en abril de 1911 pasou a presidir a Asociación Arqueolóxica Romana.

Vida persoal e morte Dante Vaglieri casou cunha sobriña do que fora o seu profesor, De Ruggiero, chamada Edvige Bongera, con quen tivo tres fillas: Bice (1882), Laura (1893-1989), que foi unha recoñecida orientalista, Bianca (1895-1978), mestra, e Attilia (1891-1969), unha das primeiras arquitectas de Italia.

Dante Vaglieri finou no barrio romano de Ostia na noite do 12 ao 13 de decembro de 1913, e foi soterrado o 14 de decembro, na igrexa de S. Ercolano desa cidade.

Publicacións

(1887). Le due legioni adiutrici. L. Pasqualucci, Roma. (1892). Inscriptiones italiae continens. Vol. II. Fasc. I. Pasanisi, Roma. (1900). Guida del Museo Nazionale Romano nelle Terme Diocleziane (con L. Mariani). Tip. dell'Umbria, Spoleto. (1900). National Museum of Rome in the Baths of Diocletian (con L. Marini). Tip. dell'Umbria, Spoleto. (1903). Gli scavi recenti nel Foro Romano. E. Loescher & co., Roma. (1904). L'Africa romana. Albrighi. Roma (con A. Schulten e S. Cesano). Albrighi, Segati. Roma. (1905). I consoli di Roma antica. Tipografia dell'Umbria, Spoleto. (1908). A proposito degli scavi del Palatino. Reale Accademia dei Lincei, Roma. (1914). Kleiner Führer durch Ostia. Loescher. Roma. (1914). Ostia: cenni storici e guida. E. Loescher & co., Roma.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Cagnat, R. (1914). [Necrolóxica de Vaglieri]. En Journal des Savants. 2. Páxina 79. "Dante Vaglieri". En Rivista italiana di numismatica. Società numismatica italiana. Vol. XXVII. 1914. Páxina 132. Delpino, F. (2020). "Vaglieri, Dante Vincenzo". En Dizionario Biografico degli Italiani. Vol. 97, Roma, Istituto della Enciclopedia Italiana.

Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1913 Categoría:Nados en Trieste Categoría:Arqueólogos de Italia Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Epigrafistas Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Alumnos da Universidade Sapienza de Roma Categoría:Profesores da Universidade Sapienza de Roma Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes