Alejandro Pedregosa, nado en Granada en 1974, é un escritor español que conta cunha obra ampla que abarca a poesía, a novela e o conto. Recibiu, entre outros, o Premio Andalucía da Crítica en 2017 polo seu libro de relatos O.

En 2026 o programa de animación lectora Afinidades Electivas, impulsado polo Ministerio de Cultura a través da Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura reuniu en Libros para Soñar de Vigo a Yolanda Castaño e Alejandro Pedregosa co lema O mapa íntimo das palabras. Tamén presentou os seus libros en Pontevedra.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Hispánica e Teoría da Literatura pola Universidade de Granada. Entre os seus poemarios destacan Los labios celestes (Pretextos, 2007), co que obtivo o Premio Arcipreste de Fita, Pequeña biografía de la luz (Esdrújula, 2019) e Barro (Sonámbulos Ediciones, 2021). Co seu primeiro libro de poesía infantil, Álbum de familia (Kalandraka, 2020) gañou o Premio Cidade de Orihuela. En 2004 un xurado presidido por Josefina Aldecoa outorgoulle o Premio de Novela Curta José Saramago por Paisaje quebrado, (Germanías, 2005). As súas últimas novelas até a data son Hotel Mediterráneo (Planeta, 2015) e Siempre es verano (Sonámbulos Ediciones, 2022). Escribiu unha descrición biográfica da lexicógrafa e bibliotecaria María Moliner titulada La cuidadora de palabras (Kalandraka, 2023) con ilustracións de Virginia P. Ogalla, serie que continúa coa biografía sobre Colombine, Carmen de Burgos, en 2024.

O director de cine Raúl Mancilla realizou unha versión cinematográfica do seu relato El buen samaritano coa que obtivo o premio á mellor curtametraxe de ficción no Festival de Curtas de Xaén en 2019. Xunto ao músico Carlos Arriezu realizou o espectáculo narrativo musical Historia de un hermano.

Obra

Novela

Paisaje quebrado (2005). Germanía. El dueño de su historia (2008). Point de Lunettes. Un extraño lugar para morir (2010). Ediciones B. Un mal paso (2011). Ediciones B. A pleno Sol (2013). Temas de hoy. Hotel Mediterráneo (2015). Planeta. . Siempre es verano (2020). Sonámbulos Ediciones Comadrejas (2024). Cuatro lunas

Ensaio

Vocación de libertad. Vida de Carmen de Burgos (2024). Kalandraka. La cuidadora de palabras. Vida de María Moliner (2023). Kalandraka.

Relato

La sombra de Caín (2013). Cuadernos del Vigía. O (2017). Cuadernos del Vigía. Kalandraka, 2019. Traducido ao portugués en 2029, Kalandraka: Ou.

Poesía

Postales de Grisaburgo y alrededores (2000). Universidade de Granada. Retales de un tiempo amarillo (2002). Revista Comarca. En la inútil frontera (2006). Point de Lunettes. Los labios celestes (2008). Pretextos. El tiempo de los bárbaros (2013). Tragacanto. Pequeña biografía de la luz (2019). Esdrújula. Álbum de familia (2020). Kalandraka. Barro (2021). Sonámbulos Ediciones. Lo que sé de Whitney Houston (2026). Cuatro Lunas. 80 páxs.

Premios

Premio de novela curta José Saramago 2004. Premio de Poesía Arcipreste de Fita 2007. Premio de Poesía Infantil para Nenos e Nenas Cidade de Orihuela 2020. Premio Andalucía da Crítica 2018.

Notas

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Granada Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas de España Categoría:Novelistas de España