Maria da Conceição Alves Feitosa, máis coñecida como Ceiça Pitaguary, nada na Terra Indíxena Pitaguary, en Maracanaú, o 11 de febreiro de 1979, é unha mestra, ambientalista e líder indíxena brasileira pertencente ao grupo étnico pitaguary. Formou parte das xuntas directivas de importantes asociacións indíxenas e, dende 2023, ocupa o cargo de Secretaria de Xestión Ambiental e Territorial no Ministerio dos Pobos Indíxenas.

Traxectoria Ceiça Pitaguary naceu o 11 de febreiro de 1979 na aldea de Santo Antônio da Terra Indíxena Pitaguary, en Maracanaú, e estaba rexistrada co nome de Maria da Conceição Alves Feitosa. Participou no movemento local para crear unha escola indíxena na aldea, fundada en 1998, e debido á escaseza de profesores, foi convidada a ensinar, aínda que só rematara o bacharelato e non tiña formación académica como profesora.Gomes, Priscila Greyce do Amaral & Barbosa, Lia Pinheiro. "Nós precisávamos fortalecer mais as mulheres nas bases: Organizações políticas de mulheres indígenas e as trajetórias de duas lideranças femininas Pitaguary". In: Revista Feminismos, 2025 (13) – Dossiê "Gênero e feminismos em comunidades tradicionais e racializadas"

Dende 1998, involucrouse noutras mobilizacións fóra da aldea, como asembleas e reunións, acompañando a líderes estatais e reforzando a súa aprendizaxe no activismo político a prol dos dereitos indíxenas. Tamén participou nun programa de formación de liderado promovido polo Centro para a Defensa e Promoción dos Dereitos Humanos da Arquidiocese de Fortaleza e nun curso de formación de profesorado na Asociación Misioneira Tremembé.Gomes, Priscila Greyce do Amaral. Organização Política de Mulheres Indígenas Pitaguary: práticas e discurso de gênero nas trajetórias de lideranças. Universidade Estadual do Ceará, 2019, pp. 40-41 De 2002 a 2005 impartiu clases na Escola Popular de Educación Básica de Pitaguary e ampliou os seus coñecementos estudando Pedagoxía en Réxime Especial, graduándose cunha licenciatura en maxisterio na Universidade Estatal do Vale do Acaraú en 2005. esquerda|miniatura| Pobo indíxena pitaguary en 2005. A súa prominencia no movemento indíxena creceu, centrándose principalmente na defensa dos dereitos das mulleres indíxenas. Tamén loitou contra o sexismo existente dentro do movemento indíxena, aínda que non se considera feminista, e loitou pola demarcación da Terra Indíxena Pitaguary e pola protección dos pobos indíxenas contra a violencia.Gomes, p. 47 Os pitaguary e o seu territorio indíxena teñen unha longa historia de violencia e acoso. A súa terra é obxecto da especulación inmobiliaria, perdeu superficie e foi invadida por colonos.Lima, Amanda Marry Xerfa. "A luta pela reforma agrária e demarcação de terras indígenas: o difícil caminho da sustentabilidade ambiental, agrícola e alimentar". In: NERA – Revista do Núcleo de Estudos, Pesquisas e Projetos de Reforma Agrária, 2023

Foi a primeira coordinadora do Departamento de Mulleres Indíxenas da Articulación de Pobos e Organizacións Indíxenas do Nordeste, Minas Xerais e Espírito Santo (APOINME), traballando de 2007 a 2009, e durante este período apoiou a formación de líderes, contribuíu á creación da Articulación de Mulleres Indíxenas do Ceará e, entre outras accións, aproveitou o apoio do goberno noruegués para organizar investigacións sobre as condicións de vida e as demandas das mulleres indíxenas do Nordeste.Gomes, pp. 43-47 Segundo a investigadora Priscila do Amaral Gomes, «Ceiça reproduciu a perspectiva de facer política presente nunha gran parte dos pobos indíxenas do Ceará, que é a alianza con institucións públicas e privadas, sempre que se garanta a súa liberdade de acción. Neste senso, a presenza de Ceiça na coordinación dun Departamento de Mulleres Indíxenas recentemente creado foi útil para garantir axilidade na implementación dunha política organizativa dentro dunha das maiores organizacións do Nordeste Indíxena».Gomes, p. 44 En 2011, durante a II Asemblea de Mulleres Indíxenas do Nordeste, Minas Xerais e Espírito Santo, eloxiouse o seu traballo pola causa indíxena e foi reelixida por unanimidade para coordinar o Departamento de Mulleres Indíxenas do APOINME,"Documento Final da 2ª Assembléia das Mulheres Indígenas do Nordeste, Minas Gerais e Espírito Santo". Conselho Indigenista Missionário, 7 de abril de 2011 permanecendo ao cargo ata 2013. Participou na redacción do documento final do Primeiro Encontro Rexional de Mulleres Guerreiras Indíxenas do Leste e Nordeste e nos anos seguintes participou en varias accións do Movemento de Mulleres Indíxenas, e a súa presenza foi cada vez máis solicitada nos debates sobre os dereitos indíxenas no estado do Ceará. Entre 2012 e 2014 foi membro da xunta directiva da Articulación dos Pobos Indíxenas do Brasil e fixo moitas denuncias sobre o acoso de políticos e empresarios en territorio indíxena. De 2014 a 2017 foi asistente técnica na Coordinación Rexional Nordeste II da Fundación Nacional dos Pobos Indíxenas.Gonçalves, Cayo Robson Bezerra & Valle, Carlos Guilherme do. "Fronteiras, conflitos e identidades em um território indígena em disputa: o caso Pitaguary (Ceará)". In: Revista Antropolítica, 7 de abril de 2022

Coa súa figura no punto de mira, comezaron as persecucións e, o 19 de marzo de 2016, sufriu un intento de asasinato mentres se atopaba na aldea de Santo Antônio, sendo golpeada e atacada con machetes, sufrindo numerosas lesións nos brazos e na cabeza. A APOINME repudiou o acto e expresou a súa solidariedade, afirmando que "nun contexto no que os dereitos das mulleres son constantemente violados (con taxas alarmantes de violencia de xénero no país), o odio de xénero contra as mulleres indíxenas que se salientan a prol dos dereitos indíxenas é evidente".Cartas Indígenas do Brasil. "Da Articulação dos Povos e Organizações Indígenas do Nordeste, Minas Gerais e Espírito Santo (APOINME) para a Ceiça Pitaguary". CNPq | Capes | UFBA | NEAI, 29 de marzo de 2016 Ao ano seguinte, o seu irmán Mauricio tamén sufriu un ataque. Dous homes usaron gasolina para prenderlle lume á casa onde durmía e, cando intentou escapar, foi capturado, golpeado e guindado de volta ao interior do edificio en chamas, sufrindo graves queimaduras en varias partes do corpo. Antes diso, os homes baleiraron todos os depósitos de auga dos arredores para que non houbese xeito de apagar o lume. Maurício tamén é un líder e os pitaguary estaban convencidos de que o ataque tiña motivacións políticas e pretendía atacar á familia de Ceiça debido ao seu activismo contra a especulación inmobiliaria e empresarial no territorio.Gomes, p. 46Santana, Renato. "Com 14% do corpo queimado, indígena se recupera após atentado; os Pitaguary denunciam motivação política no ataque". Conselho Indigenista Missionário, 28 de agosto de 2017"Familiares de indígena queimado no Ceará dizem que crime tem motivação política". G1, 28 de agosto de 2017 O movemento indíxena do Ceará emitiu un comunicado no que sinalaba que "nos últimos anos, accións criminais patrocinadas por grupos políticos da rexión de Maracanaú e Pacatuba, que involucraron mesmo a pobos indíxenas, causaron terror e medo nunha gran parte das comunidades indíxenas locais. Episodios de ameazas, encarceramento ilegal, ataques con machete e agora este brutal acto de prenderlle lume a unha casa cun familiar dentro só reforza a nosa indignación pola omisión total das institucións".

Durante a II Reunión de Caciques, Paxés e Líderes Tradicionais dos Pobos Indíxenas do Ceará, celebrada en setembro de 2017, creouse a Federación de Pobos e Organizacións Indíxenas do Ceará, elixindo a Ceiça como coordinadora xeral,"Nova entidade representativa do Movimento Indígena Cearense é criada durante o II Encontro de Caciques, Pajés e Lideranças Tradicionais dos Povos Indígenas do Ceará". Instituto Socioambiental, 16 de setembro de 2017 coordinando a entidade ata 2021. Tamén foi unha das coordinadoras do programa Voz das Mulleres Indíxenas, implementado polas Nacións Unidas,"Ceará pelo Clima: Ceiça Pitaguary e organização Esplar receberam o Prêmio Ambientalista Joaquim Feitosa". Governo do Estado do Ceará, 19 de xuño de 2024 de 2019 a 2022 asistente técnica e coordinadora de célula da Coordinación Especial de Políticas Públicas para a Promoción da Igualdade Racial da Secretaría de Protección Social de Ceará,"Dia Internacional dos Povos Indígenas: preservação de tradições e resistência". Secretaria da Proteção Social do Ceará, 9 de agosto de 2019"Língua nativa de povos indígenas é adotada como cooficial de Monsenhor Tabosa". Secretaria da Proteção Social do Ceará, 4 de junho de 2021"Ceiça Pitaguary (Mini currículo)". Ministério dos Povos Indígenas, consultado o 2 de febreiro de 2026 e en 2022 representou a Conferencia Estatal sobre a Promoción da Igualdade Racial no Ciclo de Círculos de Conversa da Defensoría Pública do Estado."Cada vez que vamos a campo, acreditamos que uma semente libertadora é plantada: aquela que cultiva mulheres conhecedoras dos seus direitos e convictas de suas vozes". Defensoria Pública do Estado do Ceará, 10 de marzo de 2022

Dende xaneiro de 2023 ocupa o cargo de Secretaria de Xestión Ambiental e Territorial no Ministerio dos Pobos Indíxenas."Na posse, Sônia Guajajara recria Conselho Nacional de Política Indigenista". Rádio Pampa, 11 de xaneiro de 2023 Participou no Grupo de Traballo interministerial que creou a Política Nacional de Xestión Territorial e Ambiental Indíxena e tamén en 2023 asumiu a coordinación do Comité de Xestión da Política Nacional,"Organizações indígenas assumem a coordenação do CG PNGATI". Ministério dos Povos Indígenas, 15 de agosto de 2024 en 2024 representou ao Brasil na 4ª Reunión do Comité Subsidiario para a Implementación do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica,"Ceiça Pitaguary recebe Prêmio Ambientalista Joaquim Feitosa Edição 2024". Instituto Socioambiental, 18 de xuño de 2024 e no mesmo ano recibiu o Premio Ambientalista Joaquim Feitosa, outorgado polo Comité da Reserva da Biosfera de Caatinga, o máximo galardón ambiental do estado do Ceará, pola súa relevante contribución ao desenvolvemento sostible do bioma de Caatinga. Tamén en 2024, participou na cerimonia de lanzamento dos marcadores de demarcación da Terra Indíxena Pitaguary."Ceará avança e conclui a demarcação física do território Pitaguary". Secretaria de Desenvolvimento Agrário do Ceará, 10 de outubro de 2024

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobos indíxenas do Brasil Xenocidio indíxena no Brasil

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados no Brasil Categoría:Activistas do Brasil Categoría:Políticos do Brasil Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas