Jorge Pérez-Lafuente, nado en Pontevedra o 16 de maio de 2008, é un futbolista galego que xoga como dianteiro no Celta Fortuna, o equipo filial do Celta de Vigo. Debutou en partido oficial no fútbol profesional o 26 de setembro de 2026, no encontro que se disputou en Balaídos fronte ao Sabadell, na Segunda división española de fútbol.
Traxectoria
Clubs Pérez-Lafuente comezou a súa traxectoria deportiva na Agrupación Juvenil Lérez da súa cidade natal, Pontevedra. En 2022 foi fichado polas categorías inferiores do Celta para se incorporar ás filas do Cadete B. Desde entón, foi progresando polas diferentes categorías inferiores. Durante as tempadas 2024-25 e 25-26, converteuse no máximo goleador celeste na categoría de División de Honra xuvenil.
Seleccións Jorge Pérez foi convocado pola selección española de fútbol sub-18.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Mateo Sobral David Sueiro
Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Nados en 2008 Categoría:Nados en Pontevedra