Jesús Sueiro Martínez, nado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 1903 e finado en 1940, foi un mestre galego.

Traxectoria Foi mozo de farmacia do Hospital de Santiago ata a súa renuncia en 1925.El Compostelano, 1-8-1925, p. 1. Foi elixido vicesecretario da Unión de Dependientes de Comercio de Santiago de Compostela en 1927.El Eco de Santiago, 11-8-1927, p. 2. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, e recolleu o seu título de mestre en 1929.El Eco de Santiago, 1-4-1929, p. 2. Foi mestre de Costa (Rois) dende 1934. Colaborou en La Voz de Galicia"Realidades de la Escuela rural", La Voz de Galicia, 16-3-1935, p. 9. e El Pueblo Gallego."El certificado de estudios", El Pueblo Gallego, 25-4-1935, p. 4. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído.El Ideal Gallego, 13-9-1936, p. 6. Marchou a Vigo e traballou na farmacia de Concepción García Vila. No proceso de depuración foi sancionado con suspensión por un ano de perda de haberes, traslado a outra escola da provincia e inhabilitación.El Compostelano, 15-5-1940, p. 1. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Relación de ordes de 12 de setembro sobre sancións de mestres e mestras

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1903

Categoría:Finados en 1940