As Igrexas da escola de arquitectura de Pskov constitúen un sitio do Patrimonio da Humanidade da UNESCO, inscrito en 2019. O conxunto comprende dez igrexas ou mosteiros e edificios anexos situados na cidade de Pskov e arredores, na Federación Rusa. Representan a obra da escola de Pskov, que bebeu das tradicións bizantina e de Novgorod, fusionándoas coa tradición vernácula local e adaptando a arquitectura ao uso dos recursos da zona. As igrexas datan de entre o século XII e principios do XVII, acadando este estilo o seu apoxeo nos séculos XV e XVI. Os arquitectos de Pskov traballaron en monumentos de varias cidades rusas, incluíndo Moscova, Kazán e Sviyazhsk. O sitio inscribíuse na Lista do Patrimonio de Humanidade por decisión da 43ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO en xullo de 2019.
Lista de dez igrexas que comprenden o sitio inscrito no patrimonio mundial
+ImaxeIDNomeCoordenadasÁrea1523-009Catedral de San Xoán Bautista, dentro do Mosteiro de Ivanovsky0,73 ha (387 ha)1523-002Mosteiro de Mirozhsky coa Igrexa da Transfiguración14,4 ha (387 ha)1523-003Igrexa dos Arcanxos Miguel e Gabriel de Gorodets0,55 ha (387 ha)1523-004Igrexa da Intercesión da Virxe María0,14 ha (387 ha)1523-005Igrexa dos Santos Cosme e Damián da Ponte0,14 ha (387 ha)1523-006Igrexa Igrexa de San Xurxo do Outeiro0,22 ha (387 ha)1523-007Igrexa da Epifanía preto de Zapskovye0,24 ha (387 ha)1523-008Igrexa de San Nicolás da Praza |0,25 ha (387 ha)1523-009Igrexa de San Basilio no outeiro0,2 ha (387 ha)1523-010Mosteiro de Snetogorsky coa Igrexa da Natividade da Nai de Deus0,2 ha (387 ha)
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Rusia
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Rusia