Alejandro José Hernández Hernández, nado en Arrecife o 10 de novembro de 1982, é un árbitro de fútbol español.

Traxectoria Despois de tres anos na Segunda División B e cinco na Segunda, en 2012 conseguiu o ascenso á Primeira División. É árbitro internacional da FIFA desde 2014 e árbitro de categoría elite da UEFA. É amplamente considerado un dos mellores árbitros españois do fútbol contemporáneo, xa que foi elixido o mellor polo comité técnico da Federación Española de Fútbol en 2017.

Notas

Categoría:Árbitros de fútbol de España Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Lanzarote