O Samsung Galaxy S22 é un teléfono intelixente Android de gama alta, desenvolvido, fabricado e comercializado por Samsung Electronics, que forma parte da serie Samsung Galaxy S. Foi presentado o 9 de febreiro de 2022 e lanzado máis tarde ese mesmo ano con Android 12 e a interface de usuario One UI 4.1.

Características O Galaxy S22 presenta unha pantalla Infinity-O Dynamic AMOLED de 6,1 polgadas cunha resolución de 2340 x 1080. Ten un procesador Exynos 2200, unha batería de 3.700 mAh e un sensor de pegadas dactilares ultrasónico situado dentro da pantalla. Este teléfono ten 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno.

Tamén conta con conectividade 5G, Wi-Fi 6 e Bluetooth 5.2.

Problemas Escintileos en pantalla Algunhas unidades do Galaxy S22 Ultra co procesador Exynos presentan un fallo na pantalla que produce escintileos e columnas verticais de pixeles, este problema ocorre cando a pantalla ten configuración WQHD e modo natural, e corrixiuse posteriormente cunha actualización de software.

Game Optimizing Service En marzo de 2022 descubriuse un problema nun servizo que limitaba o rendemento de xogos para manter a batería e o rendemento, porén, este problema tamén afectaba a aplicacións tanto da propia Samsung como doutros desenvolvedores. Este problema resolveuse cunha actualización lanzada o 17 de marzo de 2022, e a compañía foi posta en investigación en Corea do Sur por este problema baixo "Publicidade enganosa".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Samsung Galaxy S22+ Samsung Galaxy S22 Ultra

Categoría:Samsung Galaxy