Disco Afrika: tantara malagasy é un filme dramático de Madagascar rodado en malgaxe en 2023. Foi dirixido por Luck Razanajaona, quen tamén é coguionista xunto con François Hébert, Marcelo Novais Teles e Ludovic Randriamanantsoa. Está protagonizado por Parista Sambo, Laurette Ramasinjanahary, Joe Lerova e Drwina Razafimahaleo.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Marrakech o 30 de novembro de 2023. Tamén se proxectou no Festival Internacional de Cinema de Berlín o 19 de febreiro de 2024, onde recibiu unha mención de honra do xurado da asociación de cinemas de arte e ensaio alemáns.

Foi escollido como candidato de Madagascar para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, converténdose na primeira proposta na historia do país. Finalmente non foi nomeado.

Sinopse Kwame, de vinte anos, loita por gañarse a vida nas minas clandestinas de zafiros e, tras un xiro inesperado dos acontecementos, regresa á súa cidade natal. Ao reencontrarse coa súa nai e vellos amigos, enfróntase á corrupción desenfreada que asola o seu país. Agora deberá elixir entre o diñeiro fácil e a lealdade, entre o individualismo e a toma de conciencia política.

Personaxes Parista Sambo como Kwame Laurette Ramasinjanahary como Mama Joe Lerova como Idi Drwina Razafimahaleo como Bezara Jérôme Oza como Babaa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Madagascar propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua malgaxe Categoría:Filmes de Madagascar Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Mauricio Categoría:Filmes de Qatar Categoría:Filmes de Suráfrica