The Tale of Silyan (en ) é un filme documental de 2025 producido, escrito e dirixido por Tamara Kotevska. Conta a historia do agricultor macedonio Nikola Conev e da súa familia no contexto da inestabilidade económica do país. Mentres Conev forma un vínculo cunha cegoña branca ferida, a súa filla, xenro, netos e esposa múdanse a Alemaña na procura dunha vida mellor.
Foi escollido como candidato de Macedonia do Norte para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Elenco Nikola Conev Jana Coneva Aleksandar Conev Aleksandra Coneva Ilina Coneva Stojco Filipov Ile Stojkovski
Produción Concordia Studio financiou o filme, e Davis Guggenheim e Laurene Powell Jobs son os produtores executivos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Macedonia do Norte propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua macedonia Categoría:Filmes de Macedonia do Norte