Pietinia kronikas é un filme lituano de 2024 dirixido por Ignas Miškinis e escrito por Eglė Vertelytė. Baséase na novela homónima de 2016 de Rimantas Kmita. O filme é unha coprodución lituano-estoniana, protagonizada por Džiugas Grinys, Robertas Petraitis e Digna Kulionytė.
Foi escollido como candidato de Lituania para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
O filme converteuse nun éxito comercial de masas, xa que foi o filme de maior recadación no país en 2025 e é a película lituana de maior recadación xamais realizada.
Personaxes
Džiugas Grinys como Rimantas Digna Kulionytė como Monika Robertas Petraitis como Minde Irena Sikorskytė como Jurga Rasa Samuolytė como mestre de lingua lituana Vaidile Juozaityte como Edita Dovile Silkaityte como nai de Rimantas Algirdas Dainavicius como pai de Rimantas Neringa Varnelyte como nai de Monika Dainius Gavenonis como pai de Monika Vaidotas Martinaitis como adestrador de rugby Julius Zalakevicius como adestrador de rugby Sarunas Rapolas Meliesius como Darius
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Lituania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua lituana Categoría:Filmes de Lituania Categoría:Filmes de Estonia