O Samsung Z4 é un teléfono intelixente deseñado, desenvolvido, comercializado e fabricado por Samsung Electronics. Lanzado o 1 de xuño de 2017, é o último teléfono en executar o sistema operativo Tizen e o derradeiro da serie Z.
Presenta unha pantalla de 480 x 800 píxeles e unha batería de 2050 mAh cun procesador 4x 1.5 GHz ARM Cortex-A7 de 8 núcleos. Ten 1 GB de RAM e 8 GB de almacenamento interno, ampliable ata 128 GB mediante unha tarxeta microSD. A cámara frontal é de 5 MP, do mesmo xeito que a cámara traseira, e vén con Tizen 3.0 preinstalado. Inclúe conectividade WiFi 802.11, Bluetooth 4, LTE, microUSB 2.0, radio FM e GPS.
Estaba dispoñible en dúas cores; Dourado e Negro.
Notas
Véxase tamén Samsung Z2
Categoría:Teléfonos móbiles Samsung