Javier Lozano Barragán, nado o 26 de xaneiro de 1933 en Toluca de Lerdo e finado o 21 de abril de 2022 en Roma, foi un relixioso latino, bispo de Zacatecas, e cardeal mexicano no Vaticano. Traxectoria Javier naceu o 26 de xaneiro de 1933 na cidade mexicana de Toluca de Lerdo.
Comezou a súa formación no Seminario de Zamora, en Zamora de Hidalgo, Michoacán. Despois obtivo tanto a licenciatura en filosofía como o doutoramento en teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana de Roma.
Ordenamento Ordenado o 30 de outubro de 1955 en Roma, foi profesor e prefecto de estudos no Seminario de Zamora. Máis tarde foi designado para supervisar a formación continua do clero diocesano. Foi presidente da Sociedade Teolóxica Mexicana e director do Instituto de Teoloxía Pastoral da Conferencia Episcopal Latinoamericana (CELAM) en Medellín, Colombia. Tamén formou parte do equipo de reflexión teolóxica do CELAM. Asistiu, como experto, á Terceira Conferencia Xeral do Episcopado Latinoamericano, celebrada na cidade de Puebla, entre o 27 de xaneiro e o 13 de febreiro de 1979.
Obra Metabioethics and Biomedicine: Synthesis of Principles and Applications Hacia el Tercer Milenio, Teología y Cultura La Enfermedad y la Vida Cristiana: El Misterio Del Sufrimiento Humano Santo Domingo, puerta grande hacia el tercer milenio Dios es amor: esbozo para una renovación de la Teología de la Caridad Puebla: pueblo, liberación, educación María en la historia de la salvación en América Latina Teología y medicina. Pontificio consejo para la pastoral de la salud Nuevos grupos religiosos Por qué soy católico: respuesta a las sectas Una catequesis para la liberación del hombre de hoy La Iglesia del pueblo: teologías en conflicto Sectas ¿Qué pensar? Relaciones iglesia-estado: instrucción doctrinal ¿Qué pensar de las sectas?
Notas
Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Toluca de Lerdo Categoría:Finados en 2022 Categoría:Relixiosos católicos de México Categoría:Escritores de México Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos de México Categoría:Cardeais de México Categoría:Cardeais de Italia