miniatura|Modelo hipotético da función das tetraspaninas.

As tetraspaninas son unha familia de proteínas de membrana atopadas en todos os eucariotas multicelulares, tamén chamadas proteínas da superfamilia transmembrana 4 (TM4SF). Estas proteínas teñen catro hélices alfa transmembrana e dous dominios extracelulares, un curto (chamado en inglés small extracellular domain or loop, SED/SEL ou EC1, é dicir dominio ou bucle extracelular pequeno) e outro máis longo, normalmente de 100 residuos de aminoácidos (o large extracellular domain/loop, LED/LEL ou EC2, é dicir, dominio ou bucle extracelular grande). Aínda que varias familias de proteínas teñen 4 hélices alfa transmembrana, as tetraspaninas son definidas por ter secuencias de aminoácidos conservadas incluíndo catro ou máis residuos de cisteína no dominio EC2, con dous deles nun motivo 'CCG' altamente conservado. As tetraspaninas considérase xeralmente que actúan como proteínas andamio ou estada, ancorando moitas proteínas a unha área da membrana celular.

As tetraspaninas están moi conservadas entre especies. Algunhas tetraspaninas poden ter glicosilación ligada ao N no seu longo bucle extracelular (LEL, EC2) e palmitoilacións no motivo CXXC da súa rexión transmembrana.

En mamíferos hai 34 tetraspaninas, 33 das cales foron identificadas tamén en humanos. As tetraspaninas mostran numerosas propiedades que indican a súa importancia fisiolóxica na adhesión celular, motilidade, activación, e proliferación celular, e a súa contribución a condicións patolóxicas como a metástase ou infección viral.

Un papel das tetraspaninas nas plaquetas foi demostrado polos fenotipos hemorráxicos de ratos deficientes en CD151 e TSSC6, que mostraban unha alteración da sinalización de fóra a dentro ("outside-in") a través da αIIbβ3, a principal integrina das plaquetas. Hipotetízase que as tetraspaninas interaccionan con outros receptores das plaquetas e regúlanos.

Lista das tetraspaninas humanas Proteína Xene Alias TSPAN1 TSP-1 TSPAN2 TSP-2 TSPAN3 TSP-3 TSPAN4 TSP-4, NAG-2 TSPAN5 TSP-5 TSPAN6 TSP-6 TSPAN7 CD231/TALLA-1/A15 TSPAN8 CO-029 TSPAN9 NET-5 TSPAN10 OCULOSPANINA TSPAN11 similar a CD151 TSPAN12 NET-2 TSPAN13 NET-6 TSPAN14 TSPAN15 NET-7 TSPAN16 TM4-B TSPAN17 TSPAN18 TSPAN19 TSPAN20 UP1b, UPK1B TSPAN21 UP1a, UPK1A TSPAN22 RDS, PRPH2 TSPAN23 ROM1 TSPAN24 CD151 TSPAN25 CD53 TSPAN26 CD37 TSPAN27 CD82 TSPAN28 CD81 TSPAN29 CD9 TSPAN30 CD63 TSPAN31 SAS TSPAN32 TSSC6 TSPAN33

Importancia para as vacinas contra parasitos Os vermes esquistosoma forman dúas tetraspaninas: TSP-1 e TSP-2. Anticorpos contra TSP-2 poden encontrarse nalgunhas persoas que parecen ter inmunidade contra a infestación por esquistosomas (esquistosomíase).Scientific American maio de 2008, referido a McManus & Loukas Clinical Microbiology reviews V21,N1,p225-242 (xaneiro de 2008)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas InterPro - Tetraspaninas

Categoría:Proteínas integrais de membrana Categoría:Dominios proteicos Categoría:Inmunoloxía