A molécula de adhesión intercelular 2 (ICAM-2), tamén coñecida como CD102 (Cluster de Diferenciación 102), é unha proteína codificada no xene humano do cromosoma 17 ICAM2.
Estrutura das proteínas A proteína codificada polo xene ICAM2 é membro da familia da molécula de adhesión intercelular (ICAM). Todas as proteínas ICAM son glicoproteínas transmembrana tipo I, conteñen 2–9 dominios similares a inmunoglobulina de tipo C2, e únense á proteína de adhesión de leucocito LFA-1.
Funcións das proteínas
As moléculas ICAM2 regulan a adhesión das espermátidas ás células de Sertoli no lado apical da barreira hematotesticular (cara ao lume), e exercen un papel importante na espermatoxénese.
Esta proteína pode tamén xogar un papel na recirculación de linfocitos ao bloquear a adhesión celular dependente de LFA-1. É mediadora en interaccións adhesivas importantes para a resposta inmunitaria específica de antíxeno, eliminación mediada por célula NK, recirculación de linfocitos e outras interaccións celulares importantes para a resposta inmunitaria e a vixilancia.
Interaccións ICAM2 interacciona coa EZR. Tamén se une a P9 (Uniprot: B2UM07), unha proteína segregada pola bacteria do intestino humano Akkermansia muciniphila.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cluster de diferenciación
Bibliografía
Ligazóns externas
PDBe-KB proporciona un resumo da información de todas as estruturas dispoñibles en PDB para a molécula de adhesión intercellar humana 2 (ICAM2)
Categoría:Antíxenos CD