Bleso de Capreas (latín: Blaesus, en grego antigo Βλαἲσος), foi un poeta itálico nado en Capri (Capreae, Capreas) que escribiu unha serie de poemas cómico-serios (en grego: σπουδογέλοιοι). Traxectoria Dúas das súas obras, Μεσοτρίβας Mesotribas e Σατοῦρνος Saturnos, son mencionadas por Ateneo, e Hesiquio refírese a Bleso sen mencionar ningún dos títulos das súas obras. A súa época é indeterminada. Algúns autores asumen que viviu na época imperial, pero parece que Ateneo tomou as citas de Bleso que fai de Pánfilo de Nicópole, que viviu no século -II e que utilizaba palabras usadas por Bleso no seu Lexicon e, polo tanto, probabelmente viviría no século -IIIBlaesus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 491. Notas

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:nados no século -III Categoría:finados no século -III Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados en Campania