Caligula's Horse é unha banda australiana de metal progresivo fundada en Brisbane, Queensland. A banda foi creada por Sam Vallen e Jim Grey a comezos de 2011. A actual composición consiste no vocalista Jim Grey, o guitarrista solista Sam Vallen, o baixista Dale Prinsse e o batería Josh Griffin.

O seu primeiro álbum, Moments from Ephemeral City (2011), seguido do EP, Colossus (2011), lanzouse de forma independente antes de asinar con Welkin Records. Logo lanzou o seu segundo álbum, The Tide, the Thief & River's End en 2013. A banda asinou despois con Inside Out Music para o lanzamento do seu terceiro álbum, Bloom (2015), o seu cuarto álbum In Contact (2017), e o seu quinto álbum Rise Radiant (2020). O seu álbum máis recente, Charcoal Grace, lanzouse o 26 de xaneiro do 2024.

Traxectoria Formación, Moments from Ephemeral City e Colossus (2011) Caligula's Horse foi creada a comezos de 2011 por Sam Vallen e Jim Grey. A banda foi nomeada por Grey, quen estudaba historia antiga e linguas clásicas na universidade, en referencia ao cabalo Incitatus, posesión máis prezada do emperador romano Calígula. Inicialmente Caligula's Horse compúxose unicamente de Grey á voz, e Vallen como multiintrumentista. Os seu álbum debut, Moments from Ephemeral City, foi lanzado de forma independente o 2 de abril do 2011. Vallen foi acreditado como compositor, guitarrista, enxeñeiro de son e produtor. A banda inicialmente non lograba decidir se continuaría ou non, mais decidiron continuar e ampliar a banda para dar concertos logo de recibir boa crítica polo seu primeiro álbum. A banda ampliouse e incluíu a Zac Greensill, Geoff Irish e Dave Couper. Para mostrar a súa nova composición, lanzaron un EP de dúas cancións, Colossuss, en setembro de 2011.

The Tide, the Thief & River's End (2012–2014) A mediados do 2012, a banda entrou no estudio para comezar o seu seguinte LP. O seu segundo álbum de estudio, The Tide, the Thief & River's End , foi lanzado o 13 de outubro do 2013 por Welkin Records. Este foi un álbum conceptual con cada pista listada en orde cronolóxica, narrando unha historia acerca da sublebación duns rebeldes, chamada "The Tide", na cidade de "River's End", e a viaxe dos oprimidos, quen atopan asilo nun lugar que ten desafortunadas semellanzas coa anterior cidade. "The Thief" é o único personaxe que fica na historia dende o inicio ata o final.

A banda tivo unha intensa xira dentro de Australia após o lanzamento do álbum, e comezou a ser coñecida pola súa forte presenza no escenario e os seus enérxicos concertos.< A banda formou parte do Progfest Sydney 2013 e do Progfest Melbourne 2014. Acompañaron en xiras ás bandas Opeth, Mastodon, The Dillinger Escape Plan, Protest the Hero, The Ocean, Firewind, Twelve Foot Ninja e Ne Obliviscaris.

Bloom (2015–2016) Despois do seu segundo álbum, gañaron o interese da discográfica Inside Out Music, que asinou o lanzamento do seu terceiro álbum. Antes do lanzamento do álbum a banda realizou unha xira ao redor de Australia con Tesseract, na que tocou unha mestura das cancións favoritas do público e outras aínda non lanzadas. O seu terceiro álbum, Bloom, foi liberado o 16 de outubro do 2015 e, na súa semana de debut, logrou número 16 na táboa ARIA de bandas australianas e o 75 na táboa global. Acadaron o posto 73 nas listas australianas de iTunes tamén na súa primeira semana. A cuberta de álbum foi deseñada por Chris Stevenson-Mangos quen recibira a instrución de crear "algo colorido e vibrante, un pouco circular en deseño, mais quizais suxerindo algo coma unha vidreira, e mostrando moitas imaxes de natureza".

Foi lanzado un vídeoclip oficial de "Firelight" do álbum Bloom.

Caligula's Horse empezou a súa primeira xira europea con Shining en outubro e novembro de 2015.

Sam Vallen e Zac Greensill foron nomeados na enquisa de lectores de Total Guitar como mellores guitarristas de rock progresivo de 2015.

O 30 de maio do 2016, foi anunciado que Geoff Irish deixaba a banda. O 10 de agosto de 2016, Josh Griffin foi anunciado como substituto de Irish. O 28 de xaneiro do 2017, o guitarrista Zac Greensill anunciou a súa saída para se centrar no seu proxecto Opus of a Machine. Foi substituído por Adrian Goleby, quen fora baixista de Arcane, a primeira banda de Jim Grey .

In Contact (2017–2019) O 4 de agosto de 2017, a canción "Will's Song (Let the Colours Run)" foi lanzada xunto co seu vídeoclip o 23 de agosto, como mostra do seu novo álbum.

O 15 de setembro de 2017, a banda publica In Contact, o primeiro Adrian de presentar Goleby e Josh Griffin. In Contact recibiu unha valoración positiva en Angry Metal Guy.

O 10 de decembro do 2018, Dave Couper anunciou a súa saída da a banda, principalmente por saúde e razóns financeiras, así como outras aspiracións musicais. O 5 de marzo do 2019, Dale Prinsse foi presentado como novo baixista. Este era xa coñecido coma o "C-Horse's sixth member" ("sexto membro de Caligula's Horse"), axudándolles co mesturando e produción dos seus álbums, e como baixista en Opus of a Machine.

En setembro do 2019, a banda realizou os seus primeiros catro concertos en América.

Rise Radiant (2020–2023) O 22 de maio do 2020, a banda lanzou o seu quinto álbum Rise Radiant. Isto foi precedido polo lanzamento de tres sinxelos do álbum: "The Tempest", "Slow Violence", e "Valkyrie".

O 6 de xullo do 2021 foi anunciada a saída de Adrian Goleby, o guitarrista alegou o seu desexo de iniciar unha "viaxe á sefuinte etapa da súa experiencia vital". A banda agradeceulle moito as súas contribucións, declarando que non procurarían outro guitarrista por un tempo, quedando configurada como cuarteto.

En abril e maio do 2022, Greensill regresou á banda como músico convidado durante a xira australiana en apoio de Rise Radiant, o cal fora aprazado até entón debido á pandemia do COVID-19.

Charcoal Grace (2023–presente) O 10 de novembro do 2023, a banda lanzou o primeiro sinxelo titulado "Golem" e anunciou que o seu sexto álbum de estudio, Charcoal Grace, sería lanzado o 26 de xaneiro do 2024. O 7 de decembro, a banda lanzou o segundo sinxelo "The World Breathes with Me". O 11 de xaneiro do 2024, dúas semanas antes do lanzamento do álbum, a banda sacou o terceiro sinxelo "The Stormchaser" xunto videoclip.

Estilo musical e influencias A música da banda foi descrita como rock progresivo e metal progresivo.

O guitarrista e compositor Sam Vallen cita a Steely Dan como unha influencia, frecuentemente utilizando a signature da banda americana.

Membros da banda Membros actuais

Jim Grey – voz (2011–presente) Sam Vallen – guitarra (2011–presente); guitarra rítmica (2011, 2021–presente) Josh Griffin – batería (2016–presente) Dale Prinsse – baixo (2019–presente)

Antigos membros

Geoff Irish – batería (2011–2016) Zac Greensill – Guitarra rítmica, coros (2011–2017; artista convidado na xira de inicios de 2022) Dave Couper – baixo, coros (2011–2018) Adrian Goleby – guitarra rítmica (2017–2021) 

Discografía

Álbums de estudio TítuloDetallesPosición nas listasAUSGERSWIMoments from Ephemeral City Lanzamento: 2 de abril de 2011 Selo: Caligula's Horse Formato: CD, descarga dixital———The Tide, the Thief &amp; River's End Lanzamento: 4 de outubro de 2013 Selo: Welkin (WELKIN003) Formato: CD, descarga dixital———Bloom Lanzamento: 16 de outubro de 2015 Selo: Inside Out Music (IOMLP 434) Formato: CD, descarga dixital, LP———In Contact Lanzamento: 15 de setembro de 2017 Selo: Inside Out Music (IOMLP 488) Formato: CD, descarga dixital, LP50——Rise Radiant Lanzamento: 20 de maio de 2020 Selo: Inside Out Music (IOMLP 547) Formato: CD, descarga dixital, LP234325Charcoal Grace Lanzamento: 26 de xaneiro de 2024 Selo: Inside Out Music Formato: CD, descarga dixital, LP——39

Sinxelos TítuloDetallesColossus Lanzamento: 2011 Selo: Caligula's Horse Formato: CD, descarga dixital

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

canle de YouTube

Categoría:Grupos musicais de Australia Categoría:Grupos musicais de metal progresivo