A basílica da Asunción de Nosa Señora de Colmenar Viejo é un templo gótico cun campanario e retablo maior de estilo renacentista, realizado entre 1563 e 1579, en madeira dourada, policromada e estofada agás o frontal do altar, en alabastro, centrándose a súa iconografía na figura da Virxe María, representada na rúa central na súa Asunción aos ceos.

A igrexa foi construída no século XV, baixo o patronazgo dos Mendoza, señores de Colmenar Viejo e do Real de Manzanares, por Juan Guas, o arquitecto dos Reis Católicos.

Desta obra tamén hai que salientar a torre, obra de Rodrigo Gil de Hontañón, de 1530, con varios corpos de pedra de cadeirado, rematado cun chapitel octogonal de pedra calcaria e con pináculos e gárgolas nos seus ángulos, as bóvedas de crucería, o coro e a escalinata ao mesmo, construídos a finais do século XVI.

A torre, no lado sur, domina a vila cos seus máis de 50 m de altura e 8,80 m de lado. A diferenza do resto da construción, o seu aparello está formado por perpiaños regulares. Está coroada por un chapitel.de la Morena, A. (1989), 42

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Cruz Valdovinos, José Manuel, «Retablos de los siglos XV y XVI en la Comunidad de Madrid», en Retablos de la Comunidad de Madrid. Siglos XV a XVIII, Madrid, Consejería de Educación y Cultura, 1995, ISBN 84-451-1011-X

Portela Sandoval, Francisco, La escultura del siglo XVI en Palencia, Palencia, Deputación Provincial, 1977, ISBN 84-500-2129-4

Categoría:Basílicas de España Categoría:Colmenar Viejo