Viroqua Daniels, nada en Tipton (Iowa) o 4 de decembro de 1859 e finada en San Francisco en novembro de 1942, foi unha escritora anarquista estadounidense.

Traxectoria Viroqua Daniels naceu en Tipton (Iowa) o 4 de decembro de 1859, filla de Sylvester Daniels e Mary (Lumley) Daniels, a terceira de cinco irmáns. Aos 16 anos, a familia trasladouse ao norte de California, converténdose en granxeiros nas montañas. Aos 19, sufriu un golpe na cabeza debido a un accidente ferroviario, que lle causou unha enfermidade crónica. Entre a década de 1880 e 1910, coñeceu a Sigismund Danielewicz, que se converteu na súa parella sentimental.

Cando os editores da revista Discontent foron arrestados baixo o amparo da lei de Comstock en setembro de 1901, Daniels apoiounos no seu dereito á liberdade de expresión.

Pensamento Daniels describíase como unha anarcocomunista. Tamén defendeu o dereito ao sufraxio das mulleres e o ateísmo. En contra de moitos dos anarquistas do seu momento, que vían un gran potencial revolucionario para o autogoberno na Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América, Daniels pensaba que non era máis que unha trampa para atrapar aos incautos nunha guerra para que os ricos puidesen librarse dos impostos

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Anarquistas dos Estados Unidos de América Categoría:Ateos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América