A súa maxestade (en ) é unha serie de televisión española de comedia e sátira política creada por Borja Cobeaga e Diego San José para Prime Video. Foi producida por 100 Balas e Sayaka Producciones, e protagonizada por Anna Castillo e Ernesto Alterio. Estreouse en Prime Video o 27 de febreiro de 2025, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego.
Sinopse Pilar (Anna Castillo) é unha princesa nova e futura raíña de España que, de súpeto se ve obrigada a permanecer á fronte da institución logo dun escándalo protagonizado polo seu pai, o rei Afonso XIV (Pablo Derqui), que o arreda da primeira liña pública durante uns meses. Pilar debe demostrarlle ao país que non é a muller irresponsable, insolente, preguiceira e inútil que todos cren que é. O que pasa é que igual teñen razón.
Personaxes Anna Castillo como Pilar de Salazar Ernesto Alterio como Guillermo Salvatierra. Pablo Derqui como o rei Afonso XIV Ramón Barea como o xefe da Casa Real Ana María Vidal como a nai de Guillermo Lucía Díez como Camino Pablo Vázquez como o xefe de Seguridade Freddie Dennis como o príncipe Richard
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2025 Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión con versión galega