Luís do Río Pena, nado o 24 de maio de 1998 en Santiago de Compostela, é un divulgador cultural, cesteiro, músico e artesán de instrumentos galego.

Traxectoria En 2023 acadou recoñecemento en redes sociais (especialmente en Instagram) despois de subir vídeos divulgativos nos que explicaba como facer instrumentos musicais con plantas (como o cantagalos, a pipa de herba ou o asubiote, entre outros). Coa idea de espallar as tradicións e os saberes orais do pobo galego, continuou facendo vídeos non só de instrumentos musicais, senón tamén de cestaría, contos ou lendas. Escribiu artigos e contos para a revista da Asociación Terra de Outes.

En xaneiro de 2024 publicou o seu primeiro libro, O "sancosmeiro", historia dun chapeu que merece ser revisada. Nel identifica ata catro variedades de sancosmeiro.

En setembro de 2024 comezou a colaborar no programa da TVG Quen anda aí?, falando de cestaría e instrumentos musicais.

Publicacións O "sancosmeiro", historia dun chapeu que merece ser revisada (xaneiro de 2024, Asociación Terra de Outes). Introdución práctica á cestaría de madeira (abril de 2026, Boulevar Edicións).

Recoñecementos Candidato ao "Premio Revelación" dos premios Youtubeiras (2023). Gañador ao "Premio á Calidade Lingüística" da VIII edición dos premios Youtubeiras (2025).

Notas

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades da artesanía Categoría:Gaiteiros de Galicia