Giovanni Losi, M.C.C.I, nado o 29 de novembro de 1838 en Caselle Landi e finado o 27 de decembro de 1882 en El Obeid Sudán, foi un eclesiástico católico latino, relixioso comboniano, e superior para toda a misión de África Central entre 1881 e 1882.

Traxectoria

Giovanni Losi naceu o 29 de novembro de 1838 en Caselle Landi e o 1862 foi ordenado sacerdote en Piacenza,Giuseppe Bonfanti, Caselle del Po - Caselle Landi, un paese sul Po, 2a ed, Comune di Caselle Landi, 1998, pag. 334 e dez anos despois entrou no Instituto Misioneiro de Verona, fundado por Daniele Comboni, para marchar con el a Sudán ao ano seguinte. Converteuse no confesor persoal do padre Comboni.

Durante a súa misión en Sudán, xunto co padre Luigi Bonomi, publicou un catecismo e o primeiro dicionario en nubio, lingua descoñecida en Europa. Á morte de Comboni, en 1881, foi nomeado superior interino para toda a misión centroafricana. Enfermouse de escorbuto e morreu o 27 de decembro de 1882 aos 44 anos. A súa tumba foi violada polos fundamentalistas cando os Mahadis conquistaron a rexión en 1889.Giuseppe Bonfanti, Caselle del Po -Caselle Landi, un paese sul Po, 2a ed, Comune di Caselle Landi, 1998, pag. 336;

En Caselle Landi, a súa cidade natal, puxéronlle o seu nome á rúa á esquerda da igrexa.

Notas

Categoría:Nados en 1801 Categoría:Nados na Lombardía Categoría:Finados en 1915 Categoría:Relixiosos católicos de Italia