O Rolls-Royce Turbomeca Adour é un motor de aviación turboventilador de baixa derivación de dous eixos desenvolvido por Rolls-Royce Turbomeca Limited, unha empresa conxunta entre Rolls-Royce (Reino Unido) e Turbomeca (Francia). O motor recibe o nome do Adour, un río do suroeste de Francia.Gunston 1989, p.155

Historia O Adour é un motor turboventilador desenvolvido principalmente para impulsar ao cazabombardeiro anglo-francés SEPECAT Jaguar, conseguindo a súa primeira proba exitosa en 1968. Prodúcese en versións con ou sen posqueimador.

En xullo de 2009 levábanse fabricados máis de 2 800 motores Adour, para máis de 20 forzas aéreas, chegando as súas horas de voo a 8 millóns en decembro de 2009. A designación militar estadounidense para este motor é F405-RR-401 (un derivado do Adour Mk 871), e no presente úsase para impulsar a frota de adestradores Boeing/BAE Systems T-45 Goshawk da Armada.

Notas

Bibliografía

Categoría:Motores de aviación