Ekskurzija é un filme de 2023 escrito e dirixido por Una Gunjak. É unha coprodución entre Bosnia e Hercegovina, Francia, Noruega, Croacia, Serbia e Qatar. Está protagonizado por Asja Zara Lagumdžija, Nađa Spaho, Maja Izetbegović, Mediha Musliović, Izudin Bajrović e Muhamed Hadžović.
Ekskurzija estreouse na 76ª edición Festival de Cinema de Locarno o 4 de agosto de 2023, onde competiu polo Leopardo de Ouro – Cineastas do Presente, e onde foi galardoado cunha mención especial. Foi escollido como candidato de Bosnia e Hercegovina para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Iman, unha rapaza de noveno curso, chama a atención dun neno maior. Despois dun xogo de verdades e desafíos, espállase un rumor pola escola de que Iman está embarazada.
Personaxes Asja Zara Lagumdžija como Iman Vedran Tuce como mestre de música Nađa Spaho Maja Izetbegović Mediha Musliović Izudin Bajrović Muhamed Hadžović
Produción A rodaxe produciuse entre o 22 de abril de 2022 e rematou o 29 de maio dese mesmo ano en Saraxevo, Bosnia e Hercegovina.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bosnia e Hercegovina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua bosníaca Categoría:Filmes de Bosnia e Hercegovina Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes de Croacia Categoría:Filmes de Serbia Categoría:Filmes de Qatar Categoría:Filmes sobre o embarazo Categoría:Filmes rodados en Bosnia e Hercegovina Categoría:Filmes ambientados en Bosnia e Hercegovina