Urotsite na Blaga (en ) é un filme búlgaro de 2023 dirixido e producido por Stephan Komandarev, quen escribiu o guión xunto con Simeon Ventsislavov. Está protagonizado por Eli Skorcheva como Blaga, unha mestre retirada de Shumen, quen lamenta a recente morte do seu marido e é vítima dunha estafa criminal mentres intenta reunir o diñeiro para pagar a súa lápida.
Urotsite na Blaga estreouse na 57ª edición do Festival Internacional de Cinema de Karlovy Vary, onde gañou o Globo de Cristal ao mellor filme. Foi escollido como candidato de Bulgaria para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Eli Skorcheva como Blaga Stefan Denolyubov Ivaylo Hristov Ivan Barnev Gerasim Gerasimov Rozalia Abgarian Assen Blatechki Irini Zhambonas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bulgaria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua búlgara Categoría:Filmes de Bulgaria Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes ambientados en Bulgaria Categoría:Filmes rodados en Bulgaria