Wolinella é un xénero de bacterias da orde Campylobacterales. A orde Campylobacterales comprende patóxenos humanos como Helicobacter pylori e Campylobacter jejuni.

Cepas A única cepa publicamente dispoñible de Wolinella é Wolinella succinogenes DSM 1740 (ATCC 29543). O illamento orixinal deste organismo fixérono M. J. Wolin, E. A. Wolin e N. J. Jacobs na Universidade de Illinois, que a illaron do fluído do rume bovino de maneira un tanto casual, xa que os investigadores pretendían illar organismos metanóxenos. Esta bacteria foi clasificada orixinalmente como Vibrio succinogenes, pero foi reclasificada en 1981 como Wolinella succinogenes por A. C. R. Tanner et al.

Illáronse cepas de Wolinella das cavidades orais felinas e caninas. Só se poblicou actualmente unha cepa co status de Candidatus: Candidatus Wolinella africanus. Esta cepa foi illada do tracto dixestivo superior dun voluntario venezolano.

Metabolismo

Entre as investigacións realizadas sobre Wolinella succinogenes están a súa relación mutualista con organismos produtores de hidróxeno, como Ruminococcus albus. A súa relación está baseada na transferencia de hidróxeno interspecífica. Wolinella succinogenes consome o hidróxeno molecular producido por Ruminococcus albus usando unha fumarato redutase, producindo succinato.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Wolinella en BacDive - the Bacterial Diversity Metadatabase

Categoría:Proteobacterias