William Huggins nado en Londres o 7 de febreiro de 1824 e finado o 12 de maio de 1910, foi un astrónomo británico. Traxectoria
Construíu un observatorio privado no número 90 de Tulse Hill, ao sur de Londres, onde realizou un amplo traballo de observación sobre as liñas de absorción e emisión espectral de varios corpos celestes. Foi o primeiro en distinguir entre nebulosas e galaxias, mostrando como algunhas (como Orión) teñen espectros característicos dos gases, mentres que outras, como Andrómeda, teñen espectros característicos das estrelas . Tamén foi o primeiro en intentar medir a velocidade radial das estrelas. Huggins presidiu a Royal Society entre 1900 e 1905.
Vida persoal
Casou con Margaret Lindsay Huggins, que foi a súa colaboradora.
Notas
Categoría:Nados en Londres
Categoría:Medalla Rumford Categoría:Medalla Copley Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Nados en 1824 Categoría:Finados en 1910 Categoría:Astrónomos do Reino Unido