Ida Rhodes, de solteira Hadassah Itzkowitz, nada en Kamianets-Podilskyio (Ucraína) o 15 de maio de 1900 e finada en Rockville (Maryland) o 1 de febreiro de 1986, foi unha matemática estadounidense moi influente no desenvolvemento informático nos Estados Unidos.

Traxectoria Estudou na Universidade Columbia entre 1930 e 1931. Ocupou numerosos postos relacionados cos cálculos matemáticos antes de unirse ao Proxecto de Táboas Matemáticas en 1940, onde traballou baixo a dirección da matemática Gertrude Blanch, á que máis tarde acreditaría como a súa mentora.

Foi pioneira na análise de sistemas de programación, e xunto á programadora Betty Holberton deseñou a linguaxe de programación C-10 a principios da Década de 1950 para UNIVAC I. Tamén deseñou a computadora orixinal utilizada pola Administración da Seguridade Social. En 1949, o Departamento de Comercio dos Estados Unidos concedeulle unha Medalla de Ouro polo "liderado pioneiro significativo e contribucións destacadas ao progreso científico da nación no deseño funcional e na aplicación de equipos informáticos dixitais electrónicos".

Rhodes foi a responsable do algoritmo "Jewish Holiday" usado nos programas de calendario desde entón. Mentres traballaba na NBS, tamén fixo traballos orixinais de tradución automática en linguaxe natural.

Notas

Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados na rexión de Khmelnytskyi Categoría:Alumnos da Universidade Columbia