Francisco Javier Padín Vaamonde, nado en Santiago de Compostela en 1941 e finado na Coruña o 31 de decembro de 2023, foi un galego profesor de matemáticas e escritor de temas relacionados coa filatelia.

Traxectoria Francisco Javier Padín licenciouse en Ciencias Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, e trasladouse á Coruña para dar clases na Universidade Laboral Crucero Baleares (O Burgo, Culleredo).

Estudoso da historia postal, foi o maior coñecedor dos enteiros postais españois. Foi directivo e presidente da Sociedade Filatélica da Coruña. Colaborou con múltiples artigos en Academus, Crónica, El Eco, Revista de Filatelia, La Voz de Galicia e na revista Porteo, da que foi un dos seus fundadores. Foi membro da Academia Europea de Filatelia, e da Real Academia Hispánica de Filatelia de 1997 a 2016.

Publicacións Entre outras, foi o autor dos seguintes libros:Francisco Javier Padín Vaamonde na web da Real Academia Hispánica de Filatelia e Historia Postal. Enteros postales de España (1873-1973) (1990) Diccionario de filatelia (1996) Las emisiones de entero postales de España (1873-1973). Una guía para su estudio (2003) Catálogo especializado de cartas-sobre avión y aerogramas españoles con franqueo mecánico (1947-1986) (2023)

Premios Premio José Gomis Herrero de Filatelia Premio Dr. Thebussem

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Personalidades da filatelia