Eduardo Rey Rodríguez, nado en Vilariño (Cuntis) o 3 de outubro de 1948, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Mestre. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a formación Socialistas Independentes de Cuntis (escisión socialista da localidade) e foi elixido alcalde de Cuntis grazas a un pacto co PSdeG-PSOE, formación á cal regresaría pouco tempo despois. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG e foi reelixido alcalde por maioría absoluta, de igual maneira que conseguiría nas municipais de 1991 e 1995.
Nas municipais de 1999 gañou novamente, pero sen maioría absoluta, polo que foi reelixido como cabeza de lista máis votado. Nas municipais de 2003 recuperou a maioría absoluta, acordando co partido a súa retirada a metade de mandato. Finalmente, dimitiu o 21 de xuño de 2005.El veterano alcalde de Cuntis dimite antes de ser juzgado por desobediencia En agosto dese mesmo ano recibiu unha homenaxe por parte dos seus compañeiros de partido.El ex alcalde Eduardo Rey recibe un homenaje de los socialistas locales
En abril de 2006 foi inhabilitado por 8 anos pola concesión dunha obra sen pasala polo pleno. Porén, a Audiencia Provincial absolveuno en setembro dese mesmo ano.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Cuntis
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Cuntis Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Nados en 1948