O ζ-caroteno (dseta-caroteno ou z-caroteno) é un carotenoide. Diferénciase do α-caroteno e do β-caroteno en que é acíclico. O ζ-caroteno ten unha estrutura similar á do licopeno, pero ten 4 átomos de hidróxeno adicionais. O ζ-caroteno pode utilizarse como intermediario para a formación de β-caroteno. Unha reacción de deshidroxenación converte o ζ-caroteno en licopeno, que despois pode transformarse en β-caroteno por acción do encima licopeno beta-ciclase. O ζ-caroteno é un produto natural atopado na planta Lonicera japonica e na bacteria Rhodospirillum rubrum.
Notas
Categoría:Carotenoides