Pedro Calvete Brea, nado en Sigrás (Cambre) o 27 de maio de 1914 e finado en 1986, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Fillo de Pedro Eugenio Calvete Seoane. Chofer, militante da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 combateu no exército franquista e foi sarxento provisional. Ao rematar a guerra montou un café bar, unha panadería e despois un bar, que lle pecharon en novembro de 1943 por realizarse nel unha reunión clandestina.El Pueblo Gallego, 5-11-1943, p. 7.La Voz de Galicia, 9-11-1943, p. 2.
En maio de 1945 incorporouse como chofer no Parque de Automóbiles da Fábrica de Armas, onde traballou con Enrique Ferreirós Candamo. A finais de maio de 1946 incorporouse á guerrilla. Participou no enfrontamento de Milreu o 26 de xuño no que morreron Marrofer, Lisardo Freixo, Ángel Álvarez Rego e José Doldán. Marchou a Santiago de Compostela e despois a Noia, onde se empregou nunha mina de estaño e nunha panadería.
Presentouse ás autoridades o 9 de xaneiro de 1948. Foi xulgado o 11 de maio na causa 55/48 con Antonio Ares Martínez, Luis Ferrero Núñez, Elvira Lagares Lagares, Francisco Lata Espiño e Jesús e José Sánchez Lata, enlaces comprometidos no enfrontamento de Milreu, e condenado a 30 anos de prisión. Pasou polas cadeas do Dueso e a de Santander, onde traballou no forno de pan da prisión. Saíu en liberdade condicional o 10 de xaneiro de 1959. Vida persoal
Casou con Pilar Sánchez Pérez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Cambre Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1986