A Ribeira Grande é unha cidade portuguesa na illa de São Miguel, na Rexión Autónoma dos Azores, cunha poboación de 12 967 habitantes (INE, Censo de 2011) nas súas cinco freguesías urbanas.

É sede do municipio da Ribeira GrandeRegulamento de Acesso ao Berço de Empresas da Ribeira Grande, Diário da República n.º 61/2016, Série II de 2016-03-29 con 180,15 km² de área e 32 112 habitantes (2011 Censos 2011.), subdividido en 14 freguesías. O municipio limita polo leste co municipio de Nordeste, polo sur con Povoação, Vila Franca do Campo e Lagoa, polo oeste con Ponta Delgada, e ao norte fai fronteira co océano Atlántico.

A vila da Ribeira Grande foi elevada a categoría de cidade o 29 de xuño de 1981.Decreto Regional n.º 9/81/A, Diário da República n.º 146/1981, Série I de 1981-06-29

Freguesías As 14 freguesías que constitúen o municipio da Ribeira Grande son as seguintes: Calhetas Conceição Fenais da Ajuda Lomba da Maia Lomba de São Pedro Maia Matriz Pico da Pedra Porto Formoso Rabo de Peixe Ribeira Seca Ribeirinha Santa Bárbara São Brás

Notas

Categoría:Concellos dos Azores Categoría:Cidades de Portugal