A batería militar de Baredo, tamén coñecida como batería de costa J4 de Cabo Silleiro, foi unha instalación militar situada nas inmediacións do cabo Silleiro, moi preto do faro de Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello de Baiona. Atópase na actualidade en ruínas.

Historia En 1923 os canóns do acoirazado España, botado en 1913 nos estaleiros de Ferrol e embarrancado no cabo de Tres Forcas durante a guerra do Rif, foron reaproveitados e situados no monte de Silleiro, que foi furado mediante unha rede de túneles.

Despois da guerra civil, arredor de 1940, engadiuse outro canón coa finalidade de defender a entrada da ría de Vigo. Na construción traballaron represaliados republicanos. Rematouse en 1943.

Os terreos onde se asentou pertencían á veciñanza de Baredo, sen que recibisen ningunha compensación. Foi utilizada entre 1940 e 1969, aínda que os soldados do último retén abandonaron as instalacións en 1998.

Formaba parte do sistema defensivo conformado polas baterías do Grove (J1), Cabo Udra (J2), Monteferro (J3) e A Guía (J6). miniatura En 2021 o Concello de Baiona comproulle os terreos ao Ministerio de Defensa.

Instalacións Atópase na aba do monte de Silleiro. Accédese a el mediante unha estrada, presidida por un arco. No recinto atopábase unha cantina, os servizos, os barracóns e a casa do sarxento. Existía unha rede de túneles que comunicaban os catro canóns e o búnker de telemetría.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Exército de Terra de España Categoría:Século XX en Galicia Categoría:Franquismo en Galicia Categoría:Baiona