Philomène Cadoret, nada en Rostrenen, Bro Kernev o 24 de xullo de 1892, e finada ibídem o 4 de marzo de 1923, foi unha escritora bretoa en lingua bretoa, máis coñecida polo alcume Koulmig Arvor. A súa vida foi curta e dramática. Traballou como costureira, e despois de casar co seu prometido, que regresaba da fronte con tuberculose, tivo unha filla que morreu pouco despois dela. Cantou as súas composicións nas celebracións de vodas, e moitos dos poemas foron recollidos en Mouez Meneoù Kerne (1926), no que salienta o sentimento cristián e o amor pola súa terra natal. Moitos dos poemas foron publicados en Kroaz ar Vretoned ('A cruz dos bretóns') e comentados por Anatole Le Braz.
Foi soterrada en Rostrenen, no pequeno cemiterio da capela de St-Jacques.« Chapelle St-Jacques à Rostrenen », sur sortir-en-bretagne.fr
Homenaxe A rúa Philomène-Cadoret de Nantes foi nomeada na súa honra en 2016, así como outras en Daoulas en 2022, e en Quimper.
Obras Mouez Meneou Kerne, Moulerez ar Gwaziou, Montroulez, 1912. Bleuniou ar Garantez, danevell embannet gant Gwalarn Nnn 59, 1933 Yann ar burzudou. Kontadenn. Kroaz ar Vretoned, 1912, eil emb. Gwalarn, Nnn 63, 1934
Notas
Véxase tamén Bibliografía Favereau (Francis), Lennegezh ar brezhoneg en XXved kantved, Skol Vreizh, 2001, pp 95-109. Raoul (Lukian), Geriadur ar skrivagnerien ha yezhourien, Al Liamm 1992, p.51. Simon (Michel), Filomena Cadoret, une voix oubliée, Centre génalogique et historique du Poher, Karaez, 2018 Simon (Michel), Filomena Cadoret, une plume passionnée, 2020 Ligazóns externas Abgrall (Yvon) Femmes de Bretagne Rouz (Bernez), 1912 : Filomena Cadoret : quatre prix littéraires à 20 ans !
Categoría:Nados no departamento de Côtes-d'Armor Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Escritores da Bretaña Categoría:Escritores en lingua bretoa