Sergio Aguza Santiago, nado en Sant Boi de Llobregat o 2 de setembro de 1992, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Lugo, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Real Madrid Nacido en Sant Boi de Llobregat, formouse como futbolista nas canteiras do Gavà, o EF Gavà e o Cornellà, antes de ingresar aos 16 anos no equipo xuvenil do Real Madrid. Na tempada 2011/12 debutou co Real Madrid C na Tercera División. No verán de 2013 subiu ao Castilla, da Segunda División, categoría na que debutou nun partido ante o Mirandés. Marcou o seu primeiro gol co filial o 15 de febreiro do ano seguinte, facendo o segundo tanto do seu equipo nun triunfo na casa por 3-1 ante o Barcelona B.
Milton Keynes Dons En xullo de 2015 asinou polo Milton Keynes Dons da Football League Championship, cun contrato de dous anos. Debutou o 11 de agosto de 2015, na vitoria por 2-1 sobre o Leyton Orient, na EFL Cup. Con todo, apenas dispuxo de minutos no equipo de Buckinghamshire e en xaneiro de 2016 o club anunciou a rescisión do seu contrato.
Ponferradina A continuación regresou a España, onde fichou pola Ponferradina. Marcou o seu primeiro gol co club berciano o 20 de marzo, na vitoria por 2-1 ante o Huesca, e anotou tamén os goles da vitoria contra o Lugo e o Albacete. Con todo, foi insuficiente para salvar o equipo do descenso.
Alcorcón e Córdoba Tralo descenso da Ponferrdina fichou polo Alcorcón, continuando así na Segunda División. Non chegou a rematar a tempada no club madrileño, pois no mercado invernal pasou ao Córdoba, no que militou durante a seguinte campaña e media.
Almería En xullo de 2018 asinou un contrato de dous anos coa UD Almería, tamén na categoría de prata. Disputou 43 partidos co club andaluz durante as seguintes dúas campañas, marcando cinco goles, e en marzo de 2020 o club renovou o seu contrato ata 2023. Na tempada 2020/21 xogou cedido en dous equipos: primeiro no FC Cartagena e logo na Ponferradina, sendo esta a súa segunda etapa no club.
Despois de seis anos en Segunda, no verán de 2021 baixou unha categoría para xogar co Sabadell en Primeira División RFEF, pasando logo polo Murcia e o Lugo, da mesma división.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Datos do xogador en LaPreferente.com
Categoría:Nados en Sant Boi de Llobregat Categoría:Nados en 1992 Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid C Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do CD Lugo