Cats That Look Like Hitler (en galego, "Gatos Que Parecen Hitler") é unha páxina web satírica co único propósito de ensinar fotos de gatos que teñen un parecido con Adolf Hitler, ditador do Terceiro Reich dende 1933 a 1945. A estes gatos se lles chama comunmente en Internet coma "kitlers" (da palabra kitten ou gatito en Español e Hitler) con trazos físicos facilmente diferénciabeis dos outros: un pelaxe con manchas cunha grande e negra debaixo do seu nariz (que asemella ao bigote de Hitler) e outros trazos que tamén suxiren unha expresión parecida ás que tiña o ditador; algúns outros teñen marcas negras diagonais nas súas cabezas que tamén se parecen ao floco de Hitler...
O sitio foi fundado por Koos Plegt e Paul Neve en 2006 e se volveu rapidamente coñecido despois de ensinarse en varios programas de televisión a través de Europa e Australia.
Con todo, ao final Paul decidiu deixar o proxecto e agora o sitio só é administrado por Neve, tendo en febreiro de 2013 aprobadas unhas 7500 fotos de gatos, aínda que pouco despois parece que o sitio se abandonou, pois non recibe actualizacións desde abril de 2014.
Na cultura popular Os gatos son unha marca popular da cultura da Internet, e a páxina de Cats That Look Like Hitler pode ser considerado unha ramificación da cultura da fascinación dos gatos en Internet, o cal explicaría a súa popularidade, aínda que non sería o único motivo.
Foi mencionado en varias páxinas web gaming, sobre todo na agora defunta páxina australiana Total Gamer e tamén na páxina neozelandesa Edge Nightshow, nesta última sendo importante o comentario que fixo Brad Wattson sobre o seu gato 'Piggles' dicindo que era o kitler Nº1 no mundo.
Tamén foi mencionado en moitos xornais; en 2011 no The Daily Telegraph neste caso para falar dun kitler que era incapaz de ser adoptado polo seu parecido co ditador ou no The Times onde Ben Machell entrevistou a un dos donos destes gatos que habían no sitio web e para tentar explicar a creación e popularidade dos gatos en Internet, incluíndo á propia páxina Cats That Look Like Hitler.
Machell mencionou que a misteriosa natureza e personalidade dos gatos era un obxectivo perfecto para a proxección da personalidade e as emocións, e lembra tamén a relación dos exipcios cos gatos, o que podería explicar todo este fenómeno.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Meme (Internet) Lolcat Maus (novela gráfica)
Ligazóns externas
Categoría:Internet
Categoría:Gatos Categoría:Adolf Hitler