The King's Man é un filme británico-estadounidense de 2021 dirixido por Matthew Vaughn a partir dunha historia e un guión escrito por Karl Gajdusek. É o terceiro título da franquía cinematográfica Kingsman, a cal se basea na serie de banda deseñada The Secret Service (posteriormente titulada Kingsman) creada por Mark Millar e Dave Gibbons. É a precuela de Kingsman: The Secret Service (2014) e Kingsman: The Golden Circle (2017). Está protagonizado por Ralph Fiennes (quen tamén é un dos produtores executivos), Gemma Arterton, Rhys Ifans, Matthew Goode, Tom Hollander, Harris Dickinson, Daniel Brühl, Djimon Hounsou e Charles Dance. A historia céntrase en varios eventos durante a primeira guerra mundial e o nacemento da organización Kingsman.
Personaxes Ralph Fiennes como Orlando Oxford Gemma Arterton como Polly Rhys Ifans como Grigori Rasputin Matthew Goode como Morton / The Shepherd Tom Hollander como Rei Xurxo Harris Dickinson como Conrad Oxford Daniel Brühl como Erik Jan Hanussen Djimon Hounsou como Shola Charles Dance como Kitchener Valerie Pachner como Mata Hari Alison Steadman como Rita August Diehl como Vladimir Lenin David Kross como home con mustacho (Adolf Hitler) Alexandra Maria Lara como Emily Oxford Branka Katić como Tsarina Alix Robert Aramayo como sarxento Atkins Ron Cook como Arquiduque Francisco Fernando de Austria
Notas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Matthew Vaughn Categoría:Filmes de TSG Entertainment Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes rodados en Surrey Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes ambientados en 1914 Categoría:Filmes ambientados en 1902 Categoría:Filmes ambientados no Imperio Británico Categoría:Filmes ambientados en Suráfrica Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes sobre a realeza Categoría:Filmes sobre axencias de intelixencia