Iris Darriba Quesada, coñecida como Iris Darriba, nada en Vigo o 9 de abril de 1990, é unha actriz e xornalista galega.
Traxectoria Estudou Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo e formouse en interpretación. Traballou no márketing, o sector audiovisual, a ilustración, como actriz de dobraxe, teatro e televisión e como locutora de radio. Tamén ten traballos de clown, expresión corporal e loita escénica, como pintora e xornalista.
Creou o blog de beleza My Beauty Dragon. Vida persoal
É neta de Antonio Quesada e filla de Marifé Quesada.
Audiovisual
Televisión
2016: Equipo de risa. TVG. Secundaria. 2017: Serramoura. TVG. Secundaria. 2017/8: Oeste. Vivir sin permiso. Tele 5. 2021: Valeria. 2 caps. 2021: A lei de Santos. 7 caps. TVG 2023: Los Enviados (The Envoys). Coproducida por Portocabo, VIS e 100 Bares para a Paramount+. 2024: El caso Asunta.
Curtametraxes
2013: Sho Directo. Quobit. 2017: La Oficina. EAV.
Teatro
2012: Prohibido suicidarse en primavera, de Alejandro Casona. EMT. Protagonista. 2013: El embrujado, de R. M. Valle-Inclán. EMT. Protagonista. 2013: Manipulación. EMT. 2014: As mulleres en Granell. EMT. Protagonista. 2014: Melodías inconclusas. EMT. Protagonista. 2016: Deus, unha comedia, de Woody Allen. Fauna 13 Teatro. Protagonista.
Novela gráfica
2021: Ti primeiro, novela gráfica de Telmo Cinema.
Libros colectivos
Relatos na Rúa XII (2025). Vigo: Ed. Elvira. ISBN 979-13-990985-4-9. Certame de relatos Vigo Histórico.
Premios
2025: Certame de relatos Vigo Histórico, por Solsticio. 2026: Premio Exeria do Ateneo Atlántico, polo relato Un peixe.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1990 Categoría:Actores de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo