thumb|Espertador analóxico. thumb|Espertador dixital. Un espertador é un dispositivo que se utiliza para espertar mediante un son (que pode ser un ruído, música ou emisora de radio) ou unha luz, a unha hora determinada. Para deter o son, é necesario premer un botón ou apertar unha manivela. Algúns detéñense automaticamente despois dalgúns minutos.
Un reloxo espertador analóxico clásico ten unha manivela adicional que se usa para especificar o horario no cal se debe activar a alarma. Os reloxos espertadores mecánicos tradicionais posúen unha campaíña na parte superior que produce o son, pero os espertadores analóxicos poden facer outros ruídos. Algúns posúen radio, que comeza a funcionar a unha hora especificada. O nome máis específico para este artefacto é radio reloxo.
Un teléfono móbil pode conter unha función de espertador ou incluír unha axenda (que diferencia entre mañás, tardes ou días da semana) con alarma e por tanto funcionar como tal. Nos dous casos denomínanse "teléfono móbil con espertador".
Tipos de espertadores Hoxe en día existen moitos modelos de espertadores no mercado:
Espertadores estándar: estes funcionan por son e adoitan incorporar funcións como a radio. Espertadores lumínicos ou Wake Up Light: estes espertadores simulan o amencer ao alumarse progresivamente durante un período de tempo. Espertadores vibratorios: como o propio nome indica, estes modelos funcionan por vibración e adoitan ser usados por persoas con problemas de audición.
Características
Un reloxo espertador pode ter as seguintes características:
Tipos de alarma. Alarma con volume en progresión. Diversos sons. Radio. Campaíñas, do clásico deseño con manivelas e sen radio. Repetición da alarma cada certo tempo, no caso de que o usuario volva a durmir. Activación segundo o día da semana. Alumamento. Axuste automático da hora.
Notas
Categoría:Reloxos