Chrysopa é un xénero de insectos neurópteros da familia Chrysopidae.

Os membros deste xénero e do xénero Chrysoperla son comúns en Europa, América do Norte e Asia. Comparten características similares e algunhas especies foron cambiadas dun xénero a outro e despois devoltas ao xénero anterior. As súas larvas son predadoras e aliméntanse de áfidos, polo que membros deste xénero foron utilizados no control biolóxico de pragas.

O xénero describiuno inicialmente William Elford Leach en 1815 na Brewster's Edinburgh Encyclopædia. Albert Koebele introduciu especies de Chrysopa en Nova Zelandia na década de 1890s, como método de combater os áfidos, pero ningunha especie de Chrysopa conseguiu establecerse alí.

Especies Chrysopa abbreviata Chrysopa chi Fitch, 1855 Chrysopa coloradensis Banks, 1895 Chrysopa dorsalis Chrysopa excepta Banks, 1911 Chrysopa formosa Chrysopa incompleta Banks, 1911 Chrysopa intima Chrysopa lezeyi Chrysopa nigra Chrysopa nigricornis Burmeister, 1839 Chrysopa oculata Say, 1839 Chrysopa pallens Chrysopa perla Chrysopa pleuralis Banks, 1911 Chrysopa quadripunctata Burmeister, 1839 Chrysopa slossonae Banks, 1924 Chrysopa viridana

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Neurópteros