esquerda|miniatura|Nabis biformis miniatura|Prostemma albimacula miniatura|Himacerus apterus

Os nabidos (Nabidae) son unha familia de insectos hemípteros. Comprende unhas 500 especies en 20 xéneros.Faúndez, E. I. & M. A. Carvajal. 2014. Contribution to the knowledgment of the Nabis punctipennis Blanchard, 1852 complex (Hemiptera: Heteroptera: Nabidae) in Chile. Anales del Instituto de la Patagonia, 42(1): 63-69 Teñen corpos brandos, alongados, e son predadores terrestres. Moitos deles capturan e reteñen presas coas súas patas anteriores, similares ás dos mántidos. Considéranse especies útiles para a agricultura debido a que depredan moitos tipos de pragas dos cultivos.Braman, S. K. 2000. Damsel bugs (Nabidae). Pp. 639–656. In: Schaefer C. W. & Panizzi A. R. (eds.): Heteroptera of Economic Importance. CRC Press, Boca Raton.

Os nábidos do xénero Nabis son os máis comúns. Eles e outros xéneros son máis numerosos en campos de legumes como os de alfalfa, pero poden encontrarse en moitos outros cultivos e en áreas non cultivadas. En cor son de amarelos a pardos e teñen ollos grandes bulbosos e patas tipo zanco. Son predadores xeneralistas, capturando case calquera insecto que sexa máis pequeno ca eles e canibalízanse entre eles cando non dispoñen doutra comida. Varias especies poden morder aos humanos.Faúndez, E. I. & M. A. Carvajal. 2011. A human case of bitting by Nabis punctipennis (Hemíptera: Heteroptera: Nabidae) in Chile. Acta Entomologica Musei Nationalis Pragae, 51(2): 407-409. Os membros da subfamilia Prostemmatinae reprodúcense por inseminación traumática.

Xéneros Estes 23 xéneros pertencen á familia Nabidae:

Alloeorhynchus Fieber, 1860 i c g b Alloeorrhynchus c g Anaptus Kerzhner, 1968 i c g Arachnocoris Scott, 1881 g Arbela Stål, 1865 g Carthasis Champion, 1900 i c g b Gorpis Stål, 1859 g Himacerus Wolff, 1811 i c g b Hoplistoscelis Reuter, 1890 i c g b Karanabis Bekker-Migdisova, 1963 g Lasiomerus Reuter, 1890 i c g b Metatropiphorus Reuter, 1872 i c g b Nabicula Kirby, 1837 i c g Nabis Latreille, 1802 i c g b Omanonabis Asquith e Lattin, 1991 i c g Pagasa Stål, 1862 i c g b Phorticus Stål, 1860 i c g b Praecarthasis Kerzhner, 1986 g Prostemma Laporte, 1832 g Reduviolus Kirby, 1837 g Rhamphocoris Kirkaldy, 1901 g Stalia Stenonabis Reuter, 1890 g

Fontes dos datos: i = ITIS, c = Catalogue of Life, g = GBIF, b = Bugguide.net

Historia evolutiva Varios xéneros de fósiles foron atribuídos á familia, incluíndo Karanabis do Xurásico superior da formación Karabastau de Kazakhstán, pero foi despois asignado a outras familias. O rexistro definitivo máis temperán da familia é Cretanazgul do Cenomaniano atopado en ámbar birmano, que pertence á subfamilia Prostemmatinae.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Damsel bugs of Britain Damsel Bug Info & Photos

Categoría:Hemípteros