Inocencio Víctor Fuciños Quintás Pita, nado en Melide o 28 de xullo de 1853 e finado no mesmo concello o 19 de febreiro de 1933, foi un industrial, banqueiro e político galego.

Traxectoria Fillo de José Fuciños Miguélez Pita. Formouse e traballou co ebanista de Santiago de Compostela, Urbano Anido, mentres estudaba na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Traballou de administrador da fábrica de curtidos de Furelos. Continuador da Casa de Pita, fundada polo seu pai, foi titular dunha banca en Melide e correspondente do Banco de España. Foi o promotor da instalación da electricidade en Melide, inaugurada en 1909.

Vinculado ao Partido Liberal, foi concelleiro de Melide e alcalde en varias ocasións durante a Restauración e na ditadura de Primo de Rivera; foi o primeiro alcalde da II República. Finou en Melide o 19 de febreiro de 1933, sendo alcalde e presidente da Mancomunidade de concellos de Melide, Toques e Santiso.Necrolóxica en El Ideal Gallego, 21-2-1933, p. 4, 8.

Recoñecementos Unha rúa de Melide leva o seu nome.

Vida persoal Casou con María Francisca Buján García en 1877, e foi pai de Isidro, Dámaso, Presentación, José María, María Elisa, Sabino, Jesusa Presentación, Carmen, Socorro, Jesús, Manuela, Mercedes e Inocencio Fuciños Buján.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Alcaldes de Melide Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1853

Categoría:Finados en 1966