O Hospital Provincial de Conxo, chamado anteriormente Hospital Provincial e Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo, é un hospital público (do SERGAS) da Área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza, no Distrito Sanitario de Santiago de Compostela.

Está localizado na cidade de Santiago de Compostela, na parroquia de Conxo, na rúa de Ramón Baltar s/n.Hospital Provincial de Conxo Servizo Galego de Saúde. Área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza.

Fundación e instalacións O hospital inaugurose no ano 1987, cotando con 285 camas, un heliporto e un estacionamiento de 400 prazas. Estaba dotado con «sistemas de vangarda», segundo dixo o presidente da Deputación da Coruña, Enrique Marfany no acto da inauguración, engadido que «nun prazo de seis meses estaría en funcionamento un equipo de resonancia magnética nuclear para o diagnóstico por imaxe que sería o máis moderno de España».

Porposta dun novo nome En maio do 2022, a portavoz do BNG do concello de Santiago, Goretti Sanmartín, nun pleno da corporación, presentou unha moción para instar á Xunta de Galicia a que realice os trámites necesarios para denominar ao hospital como Hospital Provincial de Conxo "Ramón Baltar". A portavoz dixo que «o escritor Suso de Toro, ben coñecedor da historia de Santiago de Compostela, rescatou nun artigo publicado recentemente a proposta para que as autoridades atendan a demanda social de nomear "Ramón Baltar" o Hospital Provincial de Conxo, para alimentar a memoria cívica e servir de recoñecemento ao que foi o seu impulsor. Como relata Suso de Toro, foi precisamente ese cirurxián quen conseguiu primeiramente que unha parte do Hospital das Galeras se destinase á beneficencia e, despois, con moito empeño, que se construíse o Hospital Provincial de Conxo».

Notas

Categoría:Hospitais de Galicia