Manuel Salgado Codesido, nado en Melide cara a 1891 e finado no mesmo concello o 11 de novembro de 1947, foi un político galego.
Traxectoria
Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Melide, tomando posesión o 18 de outubro de 1926. Cesou no cargo o 14 de abril de 1930. Na Segunda República foi nomeado concelleiro en 1935 como representante da Dereita Independente.Concelleiros das corporacións republicanas Finou en Melide o 11 de novembro de 1947 con 56 anos.Necrolóxica en El Ideal Gallego, 11-11-1947, p. 8.
Recoñecementos Unha rúa de Melide leva o seu nome.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Melide Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración
Categoría:Nados en Melide
Categoría:Nados en 1891
Categoría:Finados en 1947