Härnösand é un municipio sueco (kommun) do condado de Västernorrland. A súa capital é Härnösand, que tamén é a capital do condado. O concello tiña 24 515 habitantes en decembro do ano 2024.

Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Hemsö, Häggdånger, Härnö, Högsjö, Stigsjö, Säbrå e Viksjö. Nesas parroquias creáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome. Na zona estaba tamén a cidade de Härnösand que en 1863 creou un concello urbano. En 1873 o concello rural de Härnö aincorporouse ao concello da cidade.

Coa reforma municipal de 1952 fundouse o gran concello de Säbrå a partir dos anteriores municipios rurais de Hemsö, Häggdånger, Stigsjö, Säbrå e Viksjö, mentres que a cidade de Härnösand e o concello de Högsjö permaneceron sen cambios.

No ano 1969 os municipios de Säbrå e Högsjö incorporáronse á cidade. O actual municipio de Härnösand naceu coa reforma municipal de 1971 a través da transformación da cidade de Härnösand.

Xeografía O concello está no sueste do landskap de Ångermanland co golfo de Botnia ao leste. Dende o noroeste cara ao sueste flúe o río Ångerman. O municipio limita ao suroeste co concello de Timrå, ao noroeste co de Sollefteå e ao norte co de Kramfors.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västernorrland