Eulogio Rosón López, nado en Cervantes cara a 1882 e finado en Becerreá o 4 de agosto de 1955, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Fillo de Pascual Rosón Quindós que foi alcalde e xuíz municipal de Cervantes e irmán de Eduardo Rosón López. Farmacéutico de Becerreá. Foi deputado provincial polo distrito da Fonsagrada-Becerreá en 1924 e deputado corporativo entre 1925 e 1927. Participou no comité local da Unión Patriótica que se organizou en Becerreá a finais de 1927. Finou en Becerreá o 4 de agosto de 1955.El Progreso, 5-8-1955, p. 5.

Vida persoal Casou con Mercedes Pérez Álvarez e foi pai de Antonio, María, Senén Eulogio, Mercedes, Luis, Eduardo, Victorino, Lucía, Juan José, Amalia, Francisco Javier e Isaac Rosón Pérez. O seu fillo Isaac, escuadrista da Garda de Franco, foi un dos cincuenta pasaxeiros da lancha "A Monchiña" que finaron no accidente marítimo na San Simón o 22 de agosto de 1950.El Progreso, 24-8-1950, p. 3.

Notas

Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1955