María Sánchez Arbós, nada en Huesca o 31 de outubro de 1889 e finada en Madrid o 15 de agosto de 1976, foi unha mestra e pedagoga española vencellada á Institución Libre de Enseñanza.
Traxectoria Foi filla de Manuel Sánchez Montestruc, secretario do Concello de Huesca, e de Paciencia Arbós Campaña. En 1920 casou con Manuel Ontañón, cuxo pai, José Ontañón Arias, era xestor e profesor da Institución Libre de Enseñanza. O matrimonio tivo cinco fillos, entre eles a arquitecta María Juana Ontañón.
Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Huesca e na Escola Superior de Mestras de Zaragoza, na que obtivo o título superior de mestra en 1911.
En 1912 superou as oposicións convocadas polo Reitorado de Madrid e obtivo praza na escola de San Ildefonso (Segovia). Ao ser unha localidade próxima a Madrid puido asistir a conferencias e exposicións. Durante unha visita ao Museo Pedagóxico Nacional tivo ocasión de escoitar a Manuel Bartolomé Cossío e comungou pronto cos ideais da Institución Libre de Ensino. Entre 1915 e 1919 cursou a Especialidade de Letras na Escola de Estudos Superiores de Maxisterio de Madrid. Durante eses anos Sánchez aloxouse na Residencia de Señoritas dirixida por María de Maeztu. Dende alí puido colaborar máis directamente coa ILE. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9f/Tumba_de_Manuel_Onta%C3%B1%C3%B3n_Valiente_y_Mar%C3%ADa_S%C3%A1nchez_Arb%C3%B3s%2C_cementerio_civil_de_Madrid.jpg/175px-Tumba_de_Manuel_Onta%C3%B1%C3%B3n_Valiente_y_Mar%C3%ADa_S%C3%A1nchez_Arb%C3%B3s%2C_cementerio_civil_de_Madrid.jpg|esquerda|miniatura|Tumba de María Sánchez Arbós e Manuel Ontañón no cemiterio civil de Madrid Entre 1920 e 1925 Sánchez Arbós traballou en La Laguna (Tenerife) na Escola Normal e no Instituto de Bacharelato. En 1926 incorporouse á Escola Normal de Huesca onde permaneceu até 1930. Ese ano trasladouse a Madrid ao colexio Menéndez Pelayo e tres anos despois, como directora, ao Grupo Escolar Francisco Giner, onde ficou até 1936.
Ao finalizar a Guerra Civil Española Sánchez, coma outros mestres da República, foi vítima das depuracións e encarcerada durante tres meses en 1939 no cárcere de Ventas. Durante este período conseguiu que na sección de menores se crease unha escola para as presas máis novas, bautizada como Escola de Santa María. Tamén axudou á súa amiga Matilde Landa na creación dunha "oficina de penadas" que daba apoio legal ás reclusas. O único mobiliario con que contaban eran uns caixóns de madeira e unha máquina de escribir.
En 1941, tras ser xulgada por un tribunal militar, foi expulsada do corpo de mestras. Non foi rehabilitada até 1952.
En 1953, tras un breve paso pola escola de Daganzo de Arriba (Provincia de Madrid), María volveu a Madrid para incorporarse ao Instituto Isabel la Católica. Alí prestou servizo até a súa xubilación en 1959.
Publicacións 1961: Mi diario. México: [s. n.], 1961 (Tipografía Mercantil). Reeditado en 1999 e 2006 en Zaragoza (España) pola Caja de Ahorros de la Inmaculada, cunha introdución de Victor M. Juan Borroy e Antonio Viñao Frago)
1977: "Recuerdos de una maestra". En En el centenario de la Institución Libre de Enseñanza (pp, 19-21). Madrid: Tecnos. 2007: Una escuela soñada: textos. Edición e estudo introdutorio de Elvira Ontañón e Víctor M. Juan Borroy. Madrid: Biblioteca Nueva. Recoñecementos En 2017 o Concello de Madrid dedicoulle unha rúa no barrio de Valdezarza (distrito de Moncloa-Aravaca), en recoñecemento do labor pedagóxico das mestras da república.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Huesca Categoría:Institución Libre de Enseñanza Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Pedagogos de España