miniatura|230px|Pluvialis apricaria, a especie tipo
Pluvialis é un xénero de aves da orde dos caradriformes, suborde dos caradrios e familia dos carádridos.
Taxonomía Derscrición O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo e filósofo francés Mathurin Jacques Brisson.Pluvialis Brisson, 1760 no GBIF. Consultado o 10 de setembro de 2022.Pluvialis Brisson, 1760 na BioLib. Consultado o 10 de setembro de 2022.Pluvialis Brisson, 1760 no WoRMS. Consultado o 10 de setembro de 2022.
Etimoloxía O nome científico Pluvialis Brisson tirouno do adxectivo latino pluviālis, -e, "pluvial", "da chuvia", derivado de pluvia, -æ, "chuvia",Pluvialis no Merriam-Webster Dictionary, porque naquela época (século XVIII) críase que as aves da especie tipo, Pluvialis apricaria, reuníanse en grupos cando a chuvia era inminente.Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, páxina 311.
Sinóninos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Scuatarola Wood, 1835 Squartarola Allen, 1878 Squatarola Cuvier, 1816 Squatarola Leach, 1816 Squaterola Selby, 1840
Especies O xénero comprende tan só as seguintes catro especies: Pluvialis apricaria (Linnaeus, 1758) Pluvialis dominica (Statius Müller, 1776) Pluvialis fulva (J. F. Gmelin, 1789) Pluvialis squatarola (Linnaeus, 1758)
Características A catro especies reprodúcense no hemisferio norte temperado ou no Ártico.
Na plumaxe reprodutora todas teñen as partes inferiores en gran parte negras, e as partes superiores douradas ou prateadas. Teñen o pico relativamente curto e aliméntanse principalmente de insectos, vermes ou outros invertebrados, dependendo do hábitat no que se encontren, que se obteñen mediante unha técnica de carreiras e pausas, en lugar da sondaxe constante dalgúns outros grupos de limícolas. Cazan localizando á súas presas pola vista, máis que pola sensibilisade do pico, como as limícolas de pico máis longo.
Nome vulgar en galego En Galicia coñécense co nome de píllaras.VV. AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume 2. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-072-8.Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multiligüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-4532-913-8.Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas". Chioglossa 1: 121-138. (Ver páx. 124).
As catro especies poden verse en Galicia, dúas comúns como invernates ou de paso, e as outras dúas, raras, como divagantes (Ver Lista das aves de Galicia).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, Josep, Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7. Harrison, Colin J. O. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. Londres, Reino Unido: Merehurst Press. ISBN 1-8539-1186-0.
Outros artigos Caradriformes Caradrios Carádridos
Ligazóns externas Pluvialis na ADW. Pluvialis Brisson 1760 na EOL.
Categoría:Carádridos Categoría:Xéneros de aves Categoría:Aves de Galicia