Francisco Javier González de Castejón y Elío (Pamplona, 25 de maio de 1848–Madrid, 25 de novembro de 1919) —tamén coñecido como o marqués de Vadillo—, foi un avogado e político español, ministro de Graza e Xustiza durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, carteira que ocuparía de novo, xunto ás de ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas e ministro da Gobernación durante o reinado de Afonso XIII. Tamén foi director xeral do Contencioso do Estado, antecesor do actual Avogado Xeral.

Traxectoria Naceu o 25 de maio de 1848 en Pamplona. Foi catedrático de dereito natural na Universidade Central de Madrid. Membro da Unión Católica e do Partido Conservador, iniciou a súa carreira política como deputado por Navarra nas eleccións de 1879, sendo reelixido sucesivamente até 1914, renunciando en 1915 ao ser nomeado senador vitalicio.

Ministro de Graza e Xustiza entre o 18 de abril de 1900 e o 6 de marzo de 1901 nos dous sucesivos gobernos que presidiron Silvela e Azcárraga, posto que ocupou de novo entre o 27 de outubro de 1913 e o 7 de setembro de 1914 nun goberno Dato; foi tamén ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas en dúas ocasións: entre o 6 de decembro de 1902 e o 20 de xullo de 1903 nun gabinete presidido por Silvela, e entre o 27 de xaneiro e o 23 de xuño de 1905 no goberno encabezado por Fernández Villaverde. Foi ministro da Gobernación no gabinete que, entre o 16 de decembro de 1904 e o 27 de xaneiro de 1905, presidiu Azcárraga.

Foi membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e da Academia de Ciencias Morais e Políticas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Políticos do Partido Conservador (España) Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1919 Categoría:Marqueses de España Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas